Friday 17 de May de 2024

Uns 50 maiores participan nos obradoiros de Entroido e máscaras organizados polo Concello de Lousame e Cruz Vermella


Uns cincuenta veciños e veciñas de Lousame , todos eles maiores de sesenta anos, participaron nos obradoiros de Entroido e elaboración de máscaras organizados polo Concello de Lousame e Cruz Vermella durante a pasada semana. Uns obradoiros gratuítos que foron impartidos por persoa da Cruz Vermella nos locais sociais do Sanguiñal, Vilacoba, Lesende, Escabia, Aldeagrande e Cruído.

Estes obradoiros están incluídos no marco dun acordo de colaboración entre o Concello de Lousame e a Cruz Vermella que ao longo do ano se traduce en actividades a prol do envellecemento activo da veciñanza, buscando en todo momento o seu beneficio físico e psíquico.